ADRIÁN AMOEDO - REDONDELA
Non podía ser mellor a decimoquinta edición do Carnaval de Verán de Redondela. Si alguén dubidaba de que a crise ou algo polo estilo puidese facer mella na asistencia ou servizos deste evento, sen dúbida equivocábase. Miles de persoas déronse cita, un ano máis, nesta xa clásica festa da vila dos viaductos.
Os sinais que advertían que o casco urbano estaba pechado fixeron que moitos decidisen aparcar os seus vehículos en puntos afastados do centro da localidade. Deste xeito, a estrada xeral que pasa polo coñecido como "scalextric" de Redondela, estaba invadida de coches a ambos os dous lados que descansaban mentres o seu donos, vestidos con disfraces de todo tipo, pasábanllo en grande na festa que xa comezara ás 14.00 horas, cando moitos grupos de amigos quedaron para comer xuntos nos locais da zona.
O desfile de diferentes personaxes de todo ámbito fíxose patente a partir, máis ou menos, das 16.30 horas, cando os estómagos xa estaban cheos e tocaba empezar a moverse ao ritmo da música.
A zona da alameda xa estaba chea ás seis da tarde. Aquilo era todo cordialidade e amizade. Os postos colocados no aparcamiento situado en fronte do mercado servían bebidas e comida ás miles de persoas que estaban nesa inmensa pista de baile improvisada ao ritmo da música de Dj´s, na que se podían ver a "drag queens" preparándose para subir ás táboas para o concurso, xusto antes da entrada en acción do arxentino "King Africa".
Entre disfrácelos máis rechamantes, podíase ver aos mozos Nico e Ojea, caracterizados como os protagonistas da serie Breaking Bad. Ou a Juan Cabaleiro e Juan Amoedo, que parecían os mismísimos "V" (da película "V de Vendetta") e "Finn" (de "Hora de aventuras") respectivamente.
Como non podía ser doutro xeito, os temas de actualidade tamén estaban ben representados. O Rei (con elefante incluído), os recortes do Goberno, a roupa da selección española nos Xogos Olímpicos, Usain Bolt, o grupo de música LMFAO...
En cambio, moitas persoas tiraron de repertorio máis clásico: gladiadoras (como Lucía e Paola), nenos pequenos (como Clara), marineros (que ata surcaron nunha pequena barca o río Alvedosa), exploradores, indios (como Valentín e os seus amigos), cavernícolas, superheroes ou animadoras.
Non faltou de nada nesta nova edición do Carnaval de Verán que, como é costume, alargouse ata altas horas da madrugada.