Opinión | Res Pública
Mitos sobre a industria galega

Sede central de Urovesa en Valga. / FDV
A cota de Galicia na industria manufactureira española está por riba do peso da economía galega no PIB de España. Non somos Baden-Wurtemberg, pero tampouco o ermo industrial que algúns seguen denunciando. Ademais, a evolución no que levamos de século foi notablemente positiva en termos comparados. Segundo a Contabilidade Rexional do INE, Galicia é a quinta comunidade autónoma na que máis medrou o valor engadido da industria manufactureira desde o ano 2000. O País Vasco, Cataluña, Madrid ou a Comunidade Valenciana, presentan un crecemento acumulado moi inferior ca nós no primeiro cuarto de século.
Por que ocorreu isto? Unha resposta convincente pode atoparse no libro de Antón Baamonde e Daniel Hermosilla: «Galicia, distrito industrial», que describe unha realidade que con frecuencia infravaloramos: unha rede de empresas industriais, auxiliares e de servizos avanzados que funciona como un ecosistema produtivo integrado.
O anterior é compatible con constatar que a industria perdeu peso relativo no conxunto de España e en todas as comunidades autónomas, porque outros sectores medraron máis rápido. Unha explicación é que actividades que antes se realizaban dentro das empresas industriais hoxe son contratadas externamente. Cando labores de informática, mantemento ou enxeñaría pasan a unha empresa especializada, a estatística deixa de contabilizalas como industria para facelo como servizos. A industria manufactureira xera efectos de arrastre especialmente valiosos sobre o resto da economía. Aumenta a produtividade, favorece as exportacións, impulsa a innovación e adoita xerar emprego de maior calidade. Por iso deberiamos aspirar a que gañase dimensión nos videiros anos.
Tampouco hai contradición entre valorar os resultados globais e ser conscientes dos problemas. Houbo peches empresariais. Houbo proxectos frustrados. Hai sectores e comarcas que atravesan dificultades. Todo iso merece atención, mais sendo conscientes de que adoitamos ser vítimas dun fenómeno de nesgo cognitivo: os problemas ocupan máis espazo na conversa pública que os éxitos. E os medios de comunicación, reflicten esa realidade. Sirva coma exemplo o feito de que nestes vinte e cinco anos compañías como Urovesa, Estrella Galicia, Delta Vigo ou UNVI máis que quintuplicaron a súa facturación, un feito que recibe menos atención que o peche dunha empresa. Por iso convén distinguir entre a perspectiva micro e a macro. A segunda é a máis relevante para avaliar tendencias xerais.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Cosas que no tienen sentido en Vigo»: la retranca de este creador de contenidos que conquista las redes
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Dos vecinos de Redondela encuentran una bolsa con 300 euros y se la devuelven a una peregrina: «No lo dudaron ni un segundo»
- Crecen en Vigo las demandas de padres divorciados que van a la vía judicial para liberarse de pagar la pensión a sus hijos
- El mercado de la compraventa de vivienda en Vigo confirma su frenazo: las transacciones siguen en caída libre ante unos precios disparados
- La apicultura encadena cuatro años de mala cosecha y prevé recolectar un 30% menos en esta campaña
- Argentina multa a un pesquero gallego con un millón de euros por supuesta pesca ilegal
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
