Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

Sucesos

Catro feridos nun sinistro entre un camión e tres coches na N-640 ao seu paso por Vilanova

O viario permanece cortado á espera de que se retiren os vehículos implicados

Estado en el que ha quedado el camión y uno de los vehículos implicados en el accidente.

Iñaki Abella

Xa nos segues?Márcanos como medio preferente
Engádenos en Google

Catro ferido, ese é o resultado dun accidente de tráfico que se rexistrou esta tarde de mércores na N-640, ao seu paso polo municipio de Vilanova. Os feitos tiveron lugar sobre as 16.28 no tramo de tres carrís que se atopa entre o acceso ao Hospital do Salnés e a rotonda de Godos, no punto quilométrico 233 da N-640.

Un camión de gran tonelaxe que circulaba en dirección Caldas viuse implicado no sinistro xunto a outros tres vehículos e todo apunta a que o estado da vía, moi esvaradío por mor das últimas choivas, podería atoparse detrás do sinistro. Os outros tres vehículos acabaron afectados ao intentar evitar a colisión co camión

Os feridos foron trasladados ao próximo Hospital do Salnés por ambulancias do 061. En principio, o seu estado é leve.

No lugar permanecen os servizos de emerxencias traballando para tratar de recuperar a circulación canto antes, ao quedar os vehículos implicados espallados nunha ampla área do viario, facendo imposible o paso. Na zona están Garda Civil de Tráfico, Emerxencias de Vilagarcía, Protección Civil de Vilanova e Bombeiros do Salnés.

Subscríbeche para seguir lendo

Tracking Pixel Contents