Club Faro | Beatriz Caamaño: «O noso tataravó perdeu todo no casino e non volveu»
Saltar ao contido principalSaltar ao pé de páxina

Día dás Letras Galegas

Beatriz Caamaño, no Club Faro: «Begoña procede dunha saga familiar de mulleres rebeldes e potentes»

«A bisavoa botoulle un quinqué por riba e queimou un ‘señorito’ que quería sobrepasarse », lembra a súa irmá Beatriz en Vigo

Manuel Bragado, Beatriz Caamaño, Ramón Nicolás e María Reimóndez (e-d), onte no Club FARO para falar de Begoña Caamaño.

Manuel Bragado, Beatriz Caamaño, Ramón Nicolás e María Reimóndez (e-d), onte no Club FARO para falar de Begoña Caamaño. / Alba Villar

Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Xa o sinala Uxía no seu novo disco sobre a homenaxeada polas Letras Galegas, Begoña Caamaño era «rabuda» e nada sumisa. Onte, no Club FARO a súa irmá Beatriz subliñou que a escritora e xornalista procede «dunha saga familiar de mulleres rebeldes e potentes».

Acompañada polos escritores María Reimóndez, Manuel Bragado e Ramón Nicolás, lembrou que as Caamaño «aleitaron» a loita pola vida e a protesta a través do leite materno herdado.

Para comprendelo, explicou que o seu tataravó xogou no casino en Vigo o que gañara coa venda de madeira para o recheo no porto. Perdeuno todo: «Din que colleu un barco e marchou. A súa muller quedou con cinco fillos e embarazada do sexto. A maior era a miña bisavoa que tiña dez anos. Viñeron desaloxalas da casa e do negocio, botáronas á rúa. A tataravoa perdeu o sentido e a miña bisavoa converteuse na cabeza da familia, tivo que ser nai da súa propia nai. Malviviron como puideron».

Beatriz Caamaño: «O noso tataravó perdeu todo no casino e non volveu»

Manuel Bragado. / Alba Villar

Begoña foi unha activista política e unha xornalista sen fronteira

Daquela, vivían en Baleixe, A Caniza. Un médico ofreceulle á súa bisavoa aos 12 anos traballar servindo nunha casa en Vigo.«Tivo bastantes incidentes. Era unha mulleraza, grande, peitugona, de ollos claros. Tivo episodios das que todas sabemos das criadas de servir e os señoritos. Ela nunca se arredou. A un, botoulle o quinqué por riba e queimouno cando intentou sobrepasarse; a outro que lle puxo as mans nos peitos púxollas sobre a cociña de ferro e queimoullas. Era unha muller de armas tomar», sinalou Beatriz Caamaño.

Ao final, a bisavoa casou cun señorito pero a sogra non aceptou a unión e expulsounos. «Non consentía que o fillo casara coa criada. Sen nada, saíron adiante. El traballaba nos astaleiros do Berbés. A miña avoa contaba como vía a súa avoa tomar o té coas amigas mentres os netos andaban descalzos», engade Beatriz Caamaño.

Beatriz Caamaño: «O noso tataravó perdeu todo no casino e non volveu»

Beatriz Caamaño / Alba Villar

«A miña irmá é dunha saga de mulleres rebeldes e potentes»

Sobre esta historia tiña previsto escribir a súa irmá Begoña nun novo libro. O outro que tiña na cabeza ía reformular a figura de Sherezade. O cancro e a morte sorprendérona e non puido.

A escritora e crítica María Reimóndez resaltou «a pericia literaria» de Begoña Caamaño: «As súas novelas son formalmente diferentes. Traballa en diferentes códigos. Chaman a reler as obras orixinais do ciclo artúrico e a Odisea. (...) As dúas novelas son unha reescrita na que as mulleres están no centro, pasan de ser obxectos a ser suxeitos (...) Falan da construción da masculinidade, da feminidade».

Beatriz Caamaño: «O noso tataravó perdeu todo no casino e non volveu»

Ramón Nicolás / Alba Villar

Coa súa infancia no Calvario, aprendeu a defender as causas xusta

Beatriz Caamaño: «O noso tataravó perdeu todo no casino e non volveu»

María Reimóndez. / Alba Villar

Nas súas obras, as mulleres pasan de ser obxectos a ser suxeitos

Pola súa parte, o profesor e escritor Ramón Nicolás, autor de «A nena que perdeu un zapato na lama», sobre a infancia de Begoña no barrio do Calvario, indicou que esta zona de Vigo tamén exerceu influencia na homenaxeada polas Letras Galegas.

Recordou que foi un barrio ao que, dende os anos 40 e 50 , chegou xente de todo o Estado cun perfil de tradición proletaria. Chamábanlle ‘a Rusia chiquita’. Despois a familia marchou para Coia. Entre eses dous polos, Begoña «aprendeu a defender as causas xustas».

Manuel Bragado subliñou que Begoña Caamaño «foi unha activista política, unha xornalista sen fronteira».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents