Son xornalista económico por vocación e casualidade. Nacín en Betanzos no arranque do verán de 1978. De pequeno inventaba programas de radio coa miña avoa. Agora miro con lupa os números das empresas para comprobar que non son elas as que se inventan nada. A especialización cruzouse no meu camiño sen buscala, pero tardei pouco en apaixonarme pola enerxía, o téxtil, a banca, a distribución e os misterios do mercado laboral e o PIB. Formo parte do equipo de Faro de Vigo desde 2007 e levo as rendas da sección de Economía desde xaneiro de 2023. En 2015 recibín o Premio Albarelo de Xornalismo; en 2016 o Premio Eolo e o recoñecemento ao Mellor comunicador en enerxía de Galicia; en 2023 o Premio Enerxéticos; e en 2017 e 2021 fun finalista do Premio Xornalismo AECOC. Como na vida, nada existe na economía se non se conta.